Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que figura no anexo que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar deberanse pór en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 41 77 67.

Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á sua publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Monforte de Lemos, 9 de xaneiro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Popa --- Mircea

Y05479857Y

Martínez Costales Francisco Javier

010579626V

Shaw --- Jamie

Teixeira Barrul David

035679189W

Teixeira Barrul Sión Abraham

Pillado Gómez Raquel

039450447L

Puia --- Eugen

Y05755335J

Enríquez Mateo Araceli

González Martínez María Soledad

Blanco Casas Patricia

011432132M

Coll Blanco Patricia

044438681J

Fernández Durán Rafael

032817387K

Ferreira Méndez Victalia

X08068312G

Collins --- Karen Hart

491327982