Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 53/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada o día 16.1.2018, no proceso seguido por instancia de José Antonio Álvarez Díez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Comercial Xanquei, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, rexistrado co nº SSS 53/2016, se acordou notificar a parte dispositiva do auto do 16.1.2018, ditado no procedemento a Comercial Xanquei, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto: 7/2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Declarar que José Antonio Álvarez Díez desiste da súa demanda fronte a Comercial Xanquei, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, TXSS e INSS.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese testemuño no procedemento correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Comercial Xanquei, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

A letrada de Administración de xustiza