Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se autoriza a transmisión do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2896; XG-323.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante a Resolución do 6 de outubro de 2017, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2896; XG-323 Pontellón-Cabo de Cruz, con anexos, de titularidade de Autocares Muñiz, S.L., a favor de Autos Ramón Outeiral, S.L. por cesión do seu anterior titular Autocares Muñiz, S.L.

Procede a súa publicación unha vez que se cumpriron os requisitos aos cales se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade