Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 301/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 301/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Milagros Lamas Soto contra a empresa Ricarsa XXI, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistida a María Milagros Lamas Soto da súa demanda procedemento ordinario-cantidade fronte a Ricarsa XXI, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 5081/0000/, no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ricarsa XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza