Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (341/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 341/2017 por instancia de María del Carmen Leis Noya contra as empresas Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sen que ningunha delas comparecese aos actos de conciliación e xuízo, e a empresa Gaviota Textil XXI, S.L., asistida polo letrado Sr. Millán Cidón, a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shisvi, S.L. e Gaviota Textil, S.L., sen que ningunha delas compareza, así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L. representadas pola Sra. Suárez Gestal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 11.1.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por María del Carmen Leis Noya fronte ás empresas Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. e Gaviota Textil XXI, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shisvi, S.L. e Gaviota Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Absólvese a Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L. das pretensións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 7.997,21 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 37,11 euros diarios. Das devanditas cantidades responderá solidariamente as empresas a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. e Gaviota Textil XXI, S.L., vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shisvi, S.L. e Gaviota Textil, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. e Gaviota Textil XXI, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza