Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8743

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (607/2016).

No presente recurso de apelación civil número 607/2016, seguido por instancia de La Patria Hispana contra Ramón José Longa López e outro, dimanante do procedemento ordinario número 641/2012 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Valdés Garrido.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Pronunciou en nome do Rei a seguinte.

Sentenza número 492.

Pontevedra, 20 de outubro de 2017.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 1 da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario número 641/2012, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa, aos cales correspondeu a peza número 607/2016 e en que aparece como parte apelante-demandada La Patria Hispana, S.A. de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Manuel Francisco Abalo Villaverde e asistida polo letrado Vicente Viso Vega, e como parte apelada-demandante, Adrián Suárez López, representado polo procurador Jesús Martínez Melón, e asistido polo letrado José Enrique Paz Fernández, e o demandado Ramón José Longa López, en rebeldía, sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decidimos.

Que, desestimando o recurso de apelación formulado por La Patria Hispana, S.A., representada polo procurador Manuel Francisco Abalo Villaverde contra a sentenza pronunciada nos autos de xuízo ordinario número 641/2012, polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa, debémola confirmar e confirmamos, con imposición das custas á apelante.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, presidente, Francisco Javier Valdés Garrido; María Begoña Rodríguez González, relatora, e Jacinto José Pérez Benítez».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E encontrándose o devandito demandado, Ramón José Longa López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza