Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8745

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (204/2017-A).

LSG liquidación sociedades gananciais 204/2017-A

Outras materias

Demandante: Antonio Manuel Reiriz González

Procuradora: María Rosa Marquina Tesouro

Avogado: Fernando Cabadas García

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decreto 602/2017.

Letrado da Administración de xustiza Francisco Rascado González.

Vigo, 15 de novembro de 2017

Antecedentes de feito:

Primeiro. A procuradora María Rosa Marquina Tesouro, en nome e representación de Antonio Manuel Reiriz González, formulou demanda sobre liquidación do réxime económico matrimonial sen solicitude de inventario e división xudicial de herdanza de Manuel Reiriz García e María del Carmen González Cendón fronte a César Reiriz González e Roberto Reiriz González, a cal se admitiu pola Resolución do 3 de maio de 2017 sinaláronse día e hora para que as partes chegasen a un acordo e, na súa falta, designasen contador e, de ser o caso, peritos, para a práctica das operacións divisorias.

Segundo. Que no día e na hora sinalados non compareceron César Reiriz González e Roberto Reiriz González, sen que mediase causa que xustificase tal ausencia, e a parte demandante achegou proposta particional para a súa aprobación, nos seguintes termos:

– Que outorgando os causantes Manuel Reiriz García e Mª del Carmen González Cendón, testamento notarial en que se legaron mutuamente o usufruto universal e instituiron herdeiros os seus tres fillos en partes iguais, a herdanza dos causantes está constituída polas leiras que a continuación se describen:

Bens gananciales:

1. Urbana. Elemento número dez. Vivenda letra B na planta cuarta do edificio número 14 da rúa Martín Echegaray de Vigo, que figura inscrito no libro 876 do Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, folio 170, predio 57.467, inscrición 2ª. Ref. catastral:
1439805NG2714S0010IU.

Valor: 81.139,50 euros (oitenta e un mil cento trinta e nove euros con cincuenta céntimos de euro).

2. Rústica-terreo a monte chamado Cubrana, sito no lugar das Mariñas, onde está sinalado co número seis de orde, parroquia de Santa María de Oia. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no folio 92 do libro 52 de Oia, tomo 905 do arquivo, predio número 8.501-N.

Valor: 46.000 euros (corenta e seis mil euros).

3. Un, planta baixa sen dividir que forma parte integrante do edificio sinalado co nº 37 da orde da rúa Tomás Paredes de Vigo. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 dos de Vigo, no folio 157 do tomo 470 do arquivo, predio número 34.236.

Valor: 82.000 euros (oitenta e dous mil euros).

4. 1.214 participacións sociais da sociedade Reiriz Transport, S.L., con CIF B36683860, constituída mediante escritura autorizada polo notario José Antonio Somoza Sánchez, nº 45 do seu protocolo, inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, folio 11 do libro 719 de sociedades.

Valor: 1 euro (un euro).

Bens privativos de Manuel Reiriz García:

1. Urbana. Terreo soar edificable, na denominación de Recio de Fóra e tamén coñecido por Da Paca, na parroquia de Coia, municipio de Vigo, inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, tomo 1592, libro 657, folio 14, predio rexistral número 23.546.

Valor: 80.000 euros (oitenta mil euros).

2. Casa de planta baixa, sen dividir, a adega, e un piso, a vivenda. Ocupa a superficie duns oitenta e dous metros cadrados, e co seu terreo unido a saíntes, forma todo un só predio da superficie xeral de trescentos corenta e nove metros cadrados. Coñecíase o seu soar por Recio de Fóra e tamén Da Paca, inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, tomo 1592, libro 657, folio 18, predio rexistral número 51.029. Referencia catastral: 0545818NG2704N0001JS.

Valor: 80.000 euros (oitenta mil euros).

O total dos bens hereditarios suma a cantidade de 369.140,50 euros (trescentos sesenta e nove mil cento corenta euros con cincuenta céntimos de euro).

E, dividido entre os tres fillos e herdeiros do causante, dará un haber para cada un deles de 123.046,83 euros (cento vinte e tres mil corenta e seis euros con oitenta e tres céntimos de euro).

Ata a data os herdeiros realizaron as tres adxudicacións parciais de herdanza que se detallan a continuación:

a) Escritura de adxudicación por título sucesorio do 9 de setembro de 2009, outorgada ante o notario de Vigo José Antonio Rodríguez González, número 1809 do seu protocolo.

Na devandita escritura, os comparecentes (Antonio Manuel Reiriz González, César Reiriz González e Roberto Reiriz González) aceptan as herdanzas causadas polos seus pais (Manuel Reiriz García e Mª del Carmen González Cendón) e á conta dos seus dereitos hereditarios adxudícanse en partes iguais o predio ganancial nº 1.

b) Escritura de aceptación e adxudicación parcial de herdanza do 8 de xaneiro de 2010, outorgada ante o notario de Vigo Julio Manuel Díaz Losada, número 45 do seu protocolo.

Na devandita escritura, os comparecentes (Antonio Manuel Reiriz González, César Reiriz González e Roberto Reiriz González) aceptan as herdanzas causadas polos seus pais (Manuel Reiriz García e Mª del Carmen González Cendón) e liquidan parcialmente o patrimonio ganancial que ambos os causantes tiñan e parten parcialmente a súa herdanza, conforme as seguintes adxudicacións:

– A César Reiriz González, en pagamento dos seus dereitos hereditarios, o pleno dominio do seguinte predio de carácter ganancial nº 2.

– A Roberto Reiriz González, en pagamento dos dereitos sucesorios na herdanza dos seus pais, o pleno dominio do seguinte predio de carácter ganancial nº 3.

c) Escritura de aceptación e adxudicación parcial de herdanza do 3 de maio de 2012, outorgada ante o notario de Vigo Francisco Fernández Íñigo, número 487 do seu protocolo.

Na devandita escritura, os comparecentes (Antonio Manuel Reiriz González, César Reiriz González e Roberto Reiriz González) aceptan a herdanza causada polo seu pai (Manuel Reiriz García) e parten parcialmente a súa herdanza, adxudicando a César Reiriz González e Roberto Reiriz González o pleno dominio do predio descrito co número 1 dos bens privativos de Manuel Reiriz García.

O total dos bens adxudicados a Roberto Reiriz González, en virtude das adxudicacións parciais realizadas, suma 113.046,50 euros (cento trece mil corenta e seis euros con cincuenta céntimos de euro).

O total dos bens adxudicados a César Reiriz González, en virtude das adxudicacións parciais realizadas, suma 149.046,50 euros (cento corenta e nove mil corenta e seis con cincuenta céntimos de euro).

O total dos bens adxudicados a Antonio Manuel Reiriz González, en virtude das adxudicacións parciais realizadas, suma 27.046,50 euros (vinte e sete mil corenta e seis euros con cincuenta céntimos de euro).

En pagamento das súas respectivas cotas, adxudícase:

A Antonio Manuel Reiriz González:

a) O predio descrito no número dous dos bens privativos de Manuel Reiriz García, polo seu valor de 80.000 euros (oitenta mil euros).

b) 607 participacións sociais da sociedade Reiriz Transport, S.L., descritas no número catro dos bens gananciais dos causantes, polo seu valor de 0,50 euros (cincuenta céntimos de euro).

O total dos bens adxudicados a Antonio Manuel Reiriz González suma 107.047 euros (cento sete mil corenta e sete euros).

A Roberto Reiriz González:

a) 607 participacións sociais da sociedade Reiriz Transport, S.L., descritas no número catro dos bens gananciais dos causantes, polo seu valor de 0,50 euros (cincuenta céntimos de euro).

O total dos bens adxudicados a Roberto Reiriz González suma 113.047 euros (cento trece mil corenta e sete euros).

Ao existir un exceso sobre a cota hereditaria nas adxudicacións recibidas por César Reiriz González, como consecuencia das particións parciais de herdanza realizadas, César deberá compensar os demais herdeiros coas seguintes cantidades:

A Roberto Reiriz González con 9.999,83 euros (nove mil novecentos noventa e nove euros con oitenta e tres céntimos de euro).

A Antonio Manuel Reiriz González con 15.999,83 euros (quince mil novecentos noventa e nove euros con oitenta e tres céntimos de euro).

Unha vez realizadas estas compensacións, cada un dos herdeiros recibirá 123.046,83 euros (cento vinte e tres mil corenta e seis euros con oitenta e tres céntimos de euro).

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Aprobar a proposta particional achegada pola procuradora María Rosa Marquina Tesouro, en nome e representación de Antonio Manuel Reiriz González, nos termos expostos no feito segundo.

2. Expedir testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos, e unir o orixinal ao libro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución incorrese.

Así o acordo e asino. Dou fe.

O letrado da Administración de xustiza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de César Reiriz González e Roberto Reiriz González, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 23 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza