Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo relativo a información turística nas accións promocionais desta axencia, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 21 de setembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de información turística para atención do espazo galego nas accións promocionais nas que participe a Axencia Turismo de Galicia. Os ámbitos xeográficos nos que se ten previsto levar a cabo as accións promocionais son: España, Europa, Estados Unidos e Canadá, Centro América e Sudamérica e Asia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe máximo sen IVE: 135.000,00 €.

IVE (21 %): 28.350,00 €.

Importe total (IVE incluído): 163.350,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 24 de xaneiro de 2018.

c) Adxudicataria: Heima Tours Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe máximo sen IVE: 135.000,00 €.

IVE (21 %): 28.350,00 €.

Importe total (IVE incluído): 163.350,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia