Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na mellora de eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa José Cándido Ares núm. 1-2-3, en Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente C-2016/REE 04.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial para mellora de eficiencia enerxética.

b) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: trescentos cincuenta e dous mil cincocentos trinta e catro euros con sesenta céntimos (352.534,60 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): setenta e catro mil trinta e dous euros con vinte e sete céntimos (74.032,27 €).

c) Importe total: catrocentos vinte e seis mil cincocentos sesenta e seis euros con oitenta e sete céntimos (426.566,87 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 22 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Construcciones Jesús Naray, S.L.

d) Importe de adxudicación: douscentos setenta e catro mil oitocentos noventa euros (274.890,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras consistente na rehabilitación da cuberta xeral e das instalacións comúns de dez VPP e a rehabilitación integral de dúas VPP na rúa das Longas, núm. 25 ao 43, en Cerdedo, Pontevedra, 1ª fase: 2 VPP, cuberta xeral e instalacións comúns. Expediente PO-2008/NR 01 FASE 1.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación de dúas das 10 VPP, a cuberta xeral e as instalacións comúns na rúa das Longas núm. 25 ao 43 en Cerdedo, Pontevedra.

b) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: trescentos vinte e un mil un euros con trinta e un céntimos (321.001,31 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): trinta e dous mil cen euros con trece céntimos (32.100,13 €).

c) Importe total: trescentos cincuenta e tres mil cento un euros con corenta e catro céntimos (353.101,44 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Prado Lameiro, S.L.

d) Importe de adxudicación: douscentos setenta e catro mil novecentos euros (274.900,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo