Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 8906

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2018, pola que se encarga ao medio propio Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para a predición e difusión climatolóxica, o seguemento do estado químico e ecolóxico das augas, o control da calidade do aire e o cambio climático.

1. Encomenda de xestión.

– Actividade. A encomenda comprende o servizo técnico cualificado para a predición e difusión climatolóxica, o seguemento do estado químico e ecolóxico das augas, o control da calidade do aire e o cambio climático.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2018, sendo o prazo máximo o 31 de decembro de 2018 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio