Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2018 polo que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de limpeza, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación Administrativa de ADOS.

c) Número de expediente: AB-ADOS-18-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das instalacións da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución:

• Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Avda. Monte da Condesa s/n (15705 Santiago de Compostela).

• Almacén Xeral da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Polígono do Tambre Vía Ptolomeo, nº 11 (15890 Santiago de Compostela).

d) Prazo de execución: 24 meses desde a data de firma do contrato (máis 2 prórrogas de 12 meses cada unha).

e) Duración do contrato: 24 meses desde a data de sinatura do contrato (máis 2 prórrogas de 12 meses cada unha).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: Total contratación: 156.450,24 €, IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Domicilio: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día 2 de marzo de 2018.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2 de marzo de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (sala de xuntas).

b) Dirección: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de xaneiro de 2018.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es; Plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.gal

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos