Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 504/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 504/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Suárez Castelo contra Joal Fénix, S.C., Fogasa, José María Prado López, Danny Soleto Rojas sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 512/2017

Na Coruña o 26 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social número 2 de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 504/2015 seguidos perante este xulgado por instancia de Enrique Suárez Castelo, asistido da letrada María Carmen Vilaboy Lois, contra Joal Fénix, S.C. (José María Prado López, Danny Soleto Rojas), que non comparecen e contra Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Enrique Suárez Castelo e condeno a Joal Fénix, S.C. (José María Prado López, Danny Soleto Rojas) a que lle aboe ao demandante a cantidade de 13.657,01 euros, máis o 10 % de xuro moratorio.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a José María Prado López e Danny Soleto Rojas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza