Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa o procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.
O prazo para presentar alegacións será de 15 días que empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), teléfono: 981 54 61 63.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-PO-0654/2015-PPM |
Santiago González Bouzón |
36174726G |
Audiencia previa á revogación |
Rúa As Muras, 13, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra |
PSC-CO-0018/2016-PPM |
Isidro Pérez Iglesias |
52451245K |
Audiencia previa á revogación |
Rúa Norte, 21, Palmeira, 15960 Ribeira, A Coruña |