Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os prazos empezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano s/n, Santiago de Compostela), teléfono 981 54 61 63.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0224/2017-PRE |
José Antonio Vigo Rego |
32359615H |
Resolución de reposición |
Arenal, 5, 15123 Camariñas, A Coruña |
PSC-PO-0706/2016-COP |
Mª del Mar Outeiral Fernández |
76502076M |
Resolución de reposición |
Lugar Esteiro, 113, Cabo de Cruz, 15939 Boiro, A Coruña |