A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal para os proxectos Mates e Bluenet:
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e, na páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación na web de Cetmar.
Vigo, 22 de xaneiro de 2018
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar