Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:
Nº expediente: CGSIB/001/17/XSP-CONC-AD.
Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada.
Denominación do concurso público: concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día da Laracha, Carballo, A Coruña-Eirís, A Coruña-Monte Alto e no Fogar Residencial da Laracha.
Importe de adxudicación, IVE incluído: 2.833.130,28 €.
Adxudicatario: Siad 24 Galicia, S.L.
Data de formalización do contrato: 14 de xaneiro de 2018.
Vantaxes da oferta do adxudicatario: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto de perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018
Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar