Anuncio de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito do poboado das Veigas e do convenio urbanístico subscrito con Endesa Generación, S.A., o día 28 de decembro de 2017, de cesión de terreos.
O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria urxente que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2018, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias do Concello no ámbito do poboado das Veigas (ENCASO), que redactou Jornet-Llop-Pastor, S.L.P., asinado en outubro de 2017 (formato CD), e que se recibiu no Concello o día 24 de outubro de 2017 (RE núm. 6534) e a través da sede electrónica o día 13 de novembro de 2017 (RE sede núm. 941 a 944). No texto que se someta a aprobación provisional incluiranse as precisións contidas no informe do arquitecto do 31 de outubro de 2017, e no informe da Secretaría Municipal do 29 de decembro de 2017. Xuntarase a documentación xustificativa dos custos de mantemento do poboado.
Na mesma sesión plenaria aprobouse inicialmente o convenio urbanístico subscrito con Endesa Generación, S.A., o día 28 de decembro de 2017, para a cesión ao Concello dos equipamentos públicos, vía pública e espazos libres que se identifican no plano O2. Proposta de ordenación coas referencias E1a, E5a, E6a, E9a (equipamentos públicos); V, Va, Vcd (vía); L, La e Lv (espazos libres).
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que, durante o prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poidan consultar o expediente, así como o texto do convenio urbanístico, no Departamento de Urbanismo do concello (avenida de Castelao, núm. 36), de luns a venres, das 8.00 ás 14.30 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.
A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar na ligazón:
http://concello.aspontes.org/portal-transparencia/?mdocs-cat=mdocs-cat-36&mdocs-att=CONSULTA%20P%C3%9ABLICA
As Pontes de García Rodríguez, 30 de xaneiro de 2018
O alcalde
P.D. (Decreto 1245/2015, do 2 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos