En aplicación do disposto no número 3 da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, e visto o informe técnico, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente de construción de panteóns con oitenta e oito nichos, segundo o proxecto redactado pola arquitecta Sandra Barbeito Méndez, con data de febreiro de 2017, de acordo co que se indica a seguir:
Nº de expediente |
Solicitante |
Asunto |
Situación |
767/2017 |
Juan Ventura Martínez Reboeiras e/r da parroquia de San Vicente do Grove |
Construción de panteóns con oitenta e oito nichos |
Cemiterio de San Vicente do Grove |
Queda o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para formular alegacións na oficina técnica do Concello, situada na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 3º andar (O Grove), das 9.00 ás 14.00 horas.
O Grove, 18 de xaneiro de 2018
José A. Cacabelos Rico
Alcalde