Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9704

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN607E).

Advertidos erros na Resolución do 31 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 24, do 2 de febreiro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 7735, no artigo 10.3.a)11º, onde di:

«11º. Declaración responsable, no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, de que este se manterá durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.k) destas bases reguladoras»,

Debe dicir:

«11º. Declaración responsable, no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, de que este se manterá durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.j) destas bases reguladoras».

– Nas páxinas 7746-7747, no artigo 23, onde di:

«As actuacións subvencionadas deben executarse nos termos e forma aprobados que se recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria, sempre que esta presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación e se cumpran os seguintes requisitos:».

Deben enumerarse os parágrafos como se indica:

«1. As actuacións subvencionadas deben executarse nos termos e forma aprobados que se recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria, sempre que esta presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación e se cumpran os seguintes requisitos:».

– Na páxina 7750, no artigo 24q), onde di:

«q) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.k) destas bases reguladoras»,

Debe dicir:

«q) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.j) destas bases reguladoras».

– Na páxina 7763, anexo I, punto 11, onde di:

«11. Que no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, manterao durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.k) destas bases reguladoras»,

Debe dicir:

«11. Que, no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, o manterá durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.j) destas bases reguladoras».