Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9597

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018.

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 28, do 8 de febreiro de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 8913, no artigo 2.1.a), onde di: «a) As entidades locais, para excepción das entidades de ámbito territorial provincial,...» debe dicir: «a) As entidades locais, a excepción das entidades de ámbito territorial provincial,...».