O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou o 2 de novembro de 2017, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, entre outros a Tomás Alfredo Jiménez Martín e Nuria Gómez Fernández, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Ribeira do Chazo, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).
Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación a Tomás Alfredo Jiménez Martín e Nuria Gómez Fernández, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da incoación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística