Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9964

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018 pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Unha vez ditada a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 1 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro, pola que se efectúa a convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas, e de conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro, esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, coa composición que se relaciona a continuación.

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ascensión Labella Lozano, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Fernando Iglesias Quintela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Manuel Martínez Varela, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Carlos Piñeiro Sarmiento, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Raquel Bahillo Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Ana María de Frutos Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Belén López López, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Margarita Fernández Sobrino, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local