Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10086

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018 pola que se concede a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo e se nomean os seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (DOG núm. 77, do 22 de abril), ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

O capítulo III do citado Decreto 63/2013 (artigos 7 a 10) regula os comités territoriais de ética da investigación e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación:

– A Coruña e Ferrol.

– Santiago-Lugo (que inclúe as áreas sanitarias de Santiago, Lugo, Cervo-Burela e Monforte).

– Pontevedra-Vigo-Ourense (que inclúe as áreas sanitarias do Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense e o Barco de Valdeorras).

O 1 de febreiro de 2018 tivo entrada na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o escrito que presentou Juan Manuel Vázquez Lago, presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, no cal, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, solicita a renovación da acreditación do citado comité territorial.

Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa dita solicitude, e logo de comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 6 de febreiro de 2018 o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á renovación da acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no número 5 do artigo 9, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia (CEIm-G) en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité territorial de ética de Investigación de Santiago-Lugo as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación Santiago-Lugo:

Lorenzo Armenteros del Olmo

Francisco Campos Pérez

Rosa Ana Castelo Domínguez

Ricardo García Martínez

Jaime Gulín Davila

Víctor Herrán Carreira

María Jesús Lamas Díaz

Cristina Márquez Riveras

Guillermo José Prada Ramallal

Pilar Rodríguez Ledo

Carlos Rodríguez Moreno

Juan Manuel Vázquez Lago

Sandra Vidal Martínez

Rafael Carlos Vidal Pérez