Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente tramitado por esta entidade 2016/95-36 e un máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Os correspondentes expedientes obran no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que de non facelo terase por notificada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 10 de xaneiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

1. Nº de expediente: 2016/95-36 e 2016/96-36.

– Interesado: Ángel Suárez de Santiago.

– DNI: 52498047H.

2. Acto que se notifica: resolución administrativa do 9 de xaneiro de 2018.

3. Efectos xurídicos que produce a resolución: adopción de medida administrativa.