Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 27/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 27/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea González Rocha contra Diseño As Cancelas, S.L. e o Fogasa, foron ditadas as resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, vinte e catro de xaneiro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 402/2017 do 20.9.2017, ditada no procedemento ordinario 257/2015 a favor da parte executante, Nerea González Rocha, contra Diseño As Cancelas, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 2.620,21 euros en concepto de principal (2.084,52 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións, 535,69 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 262,02 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan produicr durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xaneiro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Diseño As Cancelas, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 2.620,21 euros en concepto de principal (2.084,52 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións, 535,69 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 262,02 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0027 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Diseño As Cancelas, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño As Cancelas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza