Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10344

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3199/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3199/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 361/2014. Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: María Josefa Lorenzo Varela

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Recorridos: Fogasa, Tortoni, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Edictos (A Coruña), Javier Antonio Álvarez Poch, Cocimanía Noroeste, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., Emilio Suárez de Ron, Orzapub, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa, Carlos Alberto Rodríguez Núñez

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3199/2017 seguido por instancia de María Josefa Lorenzo Varela contra o Fogasa, Tortoni, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L. Edictos (A Coruña), Javier Antonio Álvarez Poch, Cocimanía Noroeste, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., Emilio Suárez de Ron e Orzapub, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse o día da data a seguinte resolución:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por María Josefa Lorenzo Varela contra a Sentenza do 17 de abril de 2017 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra Emilio Suárez de Ron e Javier Antonio Álvarez Poch, así como contra as entidades mercantís Tortoni, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Cocimanía Noroeste, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L. e Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala a confirma integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Tortoni, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L. e Orzapub, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG, e advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza