Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO da aprobación inicial dun proxecto de expropiación.

Aprobado inicialmente por Acordo do Pleno, do 18 de xaneiro, o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos no ámbito da parcela 1, couzada 28 do Plan especial do núcleo histórico de Corcubión, para a obtención de terreos dotacionais para uso público en solo urbano consolidado, que se tramita neste concello en favor desta última, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello.

Corcubión, 24 de xaneiro de 2018

Manuel Insua Insua
Alcalde