Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do contrato de servizo de conserxaría do Colexio Público CEIP Milladoiro e conserxaría e limpeza do pavillón polideportivo municipal (expediente SIGEM 2018/C004/000001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: 2018/C004/000001.

d) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

3º. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños 15113.

4º. Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

5º. Telefax: 981 72 16 27.

6º. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

7º. Enderezo da internet do pefil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp), Plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de conserxaría do Colexio Público CEIP Milladoiro e conserxaría e limpeza do pavillón polideportivo municipal.

b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños.

c) Duración do contrato: un (1) ano.

d) Admisión de prórroga: prorrogable por un (1) ano máis.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación indicado na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación, valor estimado e prezo do contrato.

– Valor estimado (cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, segundo o prezo unitario e a tanto global máximos e número de horas previstos no anexo técnico, para a duración prevista do contrato, incluíndo as posibles prórrogas, primas, modificados e contratos complementarios) ascende á cantidade de 94.919,95 euros.

– Orzamento base de licitación sobre o cal os licitadores presentarán oferta á baixa, para a duración prevista do contrato (sen prórrogas) será: 45.025,31 euros máis 9.455,32 euros de IVE.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 342.22799.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños 15113).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses (cláusula 11).

8. Apertura de ofertas: salón de plenos do Concello de Malpica de Bergantiños.

Enderezo: avenida Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 8 de febreiro de 2018

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde