Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10324

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 18 de xaneiro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp
no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total
da Agasp

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Addenda ao acordo de colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e nas ensinanzas deportivas

29.9.2017

27.630,75 € (2017)

105.988,78 € (2018)

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Ponteareas

Formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Ponteareas

3.10.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Poio

Formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Poio

3.10.2017

Sen achega económica