Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10325

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 18 de xaneiro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp no segundo
cuadrimestre do ano 2017

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Academia Galega de Seguridade Pública e a empresa Emsebur, S.L.

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

28.6.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Sanxenxo

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

29.6.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Ponte Caldelas

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

30.6.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Ribeira

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

6.7.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Muros

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

13.7.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e a empresa Serviplustotal, S.L.

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de adaptación da actividade física e deportiva de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

3.8.2017

Sen achega económica