Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10327

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se aproba e se dá publicidade ao programa que rexerá nas probas selectivas de acceso a un posto do gabinete técnico.

De conformidade coas previsións contidas nos artigos 18 e 21 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, esta Presidencia acorda publicar o programa que haberá de rexer nas probas selectivas de acceso a un posto do gabinete técnico do CES (persoal laboral), conforme se especifican no anexo.

A presente publicación ten por obxecto facilitar aos aspirantes a preparación das probas, dando a coñecer o contido do programa anticipadamente á convocatoria do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

María Corina Porro Martínez
Presidenta do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO
Programa que haberá de rexer nas probas selectivas de acceso a un posto
do gabinete técnico do Consello Económico e Social de Galicia

Exercicio 1º.

I. Dereito constitucional e administrativo (15 temas).

Tema 1. Concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Os valores superiores. Os principios constitucionais. O Estado español como estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional. Principios reitores da política social e económica.

Tema 2. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España. Procedemento de elaboración e aprobación das leis.

Tema 3. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública. Principios constitucionais informadores da organización e da actuación da Administración. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

Tema 4. A Administración xeral do Estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Os subdelegados do Goberno nas provincias e os directores insulares.

Tema 5. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración consultiva: especial referencia ao Consello de Estado e ao Consello Económico e Social.

Tema 6. A distribución territorial do poder do Estado. Os diversos modelos existentes no dereito comparado. O Estado das autonomías. A súa regulación na Constitución de 1978. Os estatutos de autonomía.

Tema 7. Competencias das comunidades autónomas. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco, de transferencia e delegación e de harmonización. A reserva de competencias ao Estado: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3.

Tema 8. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-lei e decretos lexislativos. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria.

Tema 9. A organización administrativa: normativa básica estatal e normativa de desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia. O órgano administrativo, en especial, a competencia. Os órganos colexiados na lexislación estatal e autonómica.

Tema 10. A Constitución e a acción exterior do Estado. Os tratados internacionais. A Unión Europea. Os tratados orixinarios e de modificación. As liberdades básicas.

Tema 11. As institucións básicas da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión. O Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas. O Banco Europeo de Investimentos.

Tema 12. Fontes do dereito europeo: actos xurídicos da Unión, procedementos de adopción e outras disposicións segundo o Tratado de funcionamento da Unión Europea. A integración do dereito europeo en España. As políticas comúns.

Tema 13. O acto administrativo: concepto e clases. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas: ámbito de aplicación. Garantías do procedemento.

Tema 14. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Especial referencia ao silencio administrativo. Termos e prazos.

Tema 15. Emprego público. Réxime legal e competencias da Xunta de Galicia. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. En especial, o persoal laboral. O Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

II. Dereito autonómico e dereito local (9 temas).

Tema 1. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. A reforma do Estatuto. O territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 2. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia. Descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 3. O Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. A Xunta de Galicia e a súa presidencia. O Consello Consultivo.

Tema 4. O Consello Económico e Social. Natureza xurídica. Funcións e composición. Réxime de funcionamento. Réxime económico e administrativo; o persoal, en especial, o Gabinete Técnico.

Tema 5. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 6. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

Tema 7. A Administración xeral da Comunidade Autónoma galega. A súa organización. As delegacións de Galicia no exterior. As entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Tema 8. O municipio. Poboación municipal, organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

Tema 9. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas. As relacións coa Administración local.

III. Dereito orzamentario (6 temas).

Tema 1. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Os principios orzamentarios. O contido da facenda da Comunidade.

Tema 2. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

Tema 3. Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Créditos ampliables. Transferencias. Xeración de crédito.

Tema 4. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

Tema 5. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases. O Consello de Contas. A función interventora.

Tema 6. O financiamento das comunidades autónomas. Os recursos das comunidades autónomas. Tributos propios e cedidos. Os fondos de Compensación Interterritorial. O exercicio das competencias financeiras polas comunidades autónomas.

Exercicio 2º:

I. Economía xeral (44 temas).

Tema 1. Obxecto e método da ciencia económica.

Tema 2. Os economistas clásicos e Marx.

Tema 3. Os economistas neoclásicos.

Tema 4. O pensamento económico de Keynes. Formalización e comparación co modelo neoclásico. A síntese neoclásica.

Tema 5. Críticas ao modelo da síntese neoclásica: Os modelos neokeynesianos de desequilibrio e a crítica monetarista.

Tema 6. Teoría neoclásica da demanda do consumidor. Outros desenvolvementos da teoría da demanda, en especial, a teoría da preferencia revelada e a teoría da demanda de características.

Tema 7. Teoría da elección do consumidor en situacións de risco e incerteza.

Tema 8. A dualidade na teoría da demanda do consumidor e as súas aplicacións.

Tema 9. Teoría da produción.

Tema 10. Teorías dos custos. Análise da dualidade.

Tema 11. Análise teórica da empresa no marco da teoría da organización industrial.

Tema 12. Decisións intertemporais de consumidores e empresas. Modelos de horizonte infinito e modelos de xeracións solapadas.

Tema 13. Economía da información e teoría da axencia: selección adversa e risco moral.

Tema 14. O modelo de competencia perfecta.

Tema 15. Teoría do monopolio. Regulación e control.

Tema 16. Teorías do oligopolio. Análise estática e dinámica. Teoría de xogos.

Tema 17. A teoría da competencia monopolística e a diferenciación de produtos.

Tema 18. Teoría neoclásica da oferta e da demanda de traballo. Análise intertemporal da oferta de traballo. Teoría do capital humano.

Tema 19. Extensións das teorías de oferta e demanda de traballo: información, busca, custos de axuste e dinámica da demanda de traballo.

Tema 20. Determinación de salarios: negociación, salarios de eficiencia e contratos implícitos.

Tema 21. A teoría do equilibrio xeral.

Tema 22. Economía do benestar (I). Óptimo económico. Os criterios de compensación. A teoría do «second best».

Tema 23. Economía do benestar (II). A optimalidade da competencia perfecta e as imperfeccións do mercado. As externalidades e os bens públicos. Os fallos do sector público.

Tema 24. Economía do benestar (III). As funcións de benestar social. Teoría da elección colectiva. O teorema da imposibilidade de Arrow e desenvolvementos posteriores.

Tema 25. Teoría da regulación. Implicación sobre a liberalización de sectores.

Tema 26. Magnitudes macroeconómicas e contabilidade nacional segundo o SEC-2010.

Tema 27. Análise das táboas «input-output».

Tema 28. Determinación de renda e prezos nunha economía aberta. Análise das políticas monetaria e fiscal.

Tema 29. A nova macroeconomía clásica.

Tema 30. A nova economía keynesiana.

Tema 31. Análise macroeconómica do mercado de traballo: teoría do desemprego de equilibrio; a NAIRU e a persistencia no desemprego.

Tema 32. Teorías da demanda de consumo. Implicacións de política económica.

Tema 33. Teorías da demanda de investimento. Implicacións de política económica.

Tema 34. Teorías da demanda de diñeiro. Implicacións de política económica.

Tema 35. A política monetaria (I): o deseño e a instrumentación da política monetaria.

Tema 36. A política monetaria (II): os mecanismos de transmisión da política monetaria. Os efectos da política monetaria.

Tema 37. Política fiscal. Especial referencia aos efectos sobre o crecemento económico e o aforro.

Tema 38. O financiamento do déficit público. Sustentabilidade do déficit público. Aspectos monetarios do seu financiamento.

Tema 39. A inflación: as súas causas e os seus efectos sobre a eficiencia económica e o benestar.

Tema 40. «Shocks» de oferta: modelos e implicacións de política económica.

Tema 41. Teorías dos ciclos económicos: ciclos nominais e reais.

Tema 42. Teorías do crecemento económico (I). O modelo de Harrod-Domar. O modelo de Solow. O modelo de Ramsey-Cass-Koopmans. As súas implicacións e limitacións.

Tema 43. Teorías do crecemento económico (II). Modelos de crecemento endóxeno: rendementos crecentes, capital humano e innovación tecnolóxica.

Tema 44. Evidencia empírica sobre o crecemento económico: análise de contabilidade do crecemento, impacto dos distintos factores que inflúen sobre o crecemento económico e evidencia empírica sobre converxencia.

II. Economía financeira, economía internacional e relacións económicas internacionais (39 temas).

Tema 1. A información financeira das empresas: estados de situación e de circulación. Métodos de análise económica e financeira da empresa.

Tema 2. A empresa e as decisións de financiamento: financiamento propio fronte a financiamento alleo. Política de dividendos e estrutura do capital.

Tema 3. A teoría neoclásica do comercio internacional. A teoría da vantaxe comparativa. O modelo Heckscher-Ohlin-Samuelson e as súas extensións.

Tema 4. Desenvolvementos recentes da teoría do comercio internacional. Especial referencia á competencia imperfecta e aos rendementos crecentes.

Tema 5. A política comercial (I). Instrumentos e efectos. Barreiras arancelarias e non arancelarias. Outros instrumentos tradicionais.

Tema 6. A política comercial (II). A política comercial estratéxica. A política de promoción exterior: xustificación, instrumentos e obxectivos.

Tema 7. Comercio internacional e crecemento económico. Especial referencia aos efectos do comercio sobre o crecemento.

Tema 8. Teoría da integración económica.

Tema 9. Determinantes e efectos dos movementos internacionais de factores produtivos. Especial referencia ao investimento directo.

Tema 10. Balanza de pagamentos: concepto, medición e interpretación.

Tema 11. Teorías de axuste da balanza de pagamentos. Especial referencia ao enfoque intertemporal de balanza de pagamentos. Análise de sustentabilidade do déficit exterior.

Tema 12. Mercado de divisas. Operacións e instrumentos.

Tema 13. Teorías da determinación do tipo de cambio.

Tema 14. Análise comparada dos distintos réximes cambiarios. Intervención e regulación nos mercados de cambio.

Tema 15. Teoría da integración monetaria.

Tema 16. Teorías explicativas das crises monetarias e financeiras internacionais.

Tema 17. A liberalización do sector exterior e as súas implicacións sobre a estabilidade macroeconómica. Opcións de política económica.

Tema 18. A coordinación internacional das políticas macroeconómicas.

Tema 19. O Sistema económico internacional ata a ruptura do sistema de Bretton-Woods.

Tema 20. O Sistema económico internacional desde a desaparición do sistema de Bretton-Woods ata a actualidade. Propostas de reforma.

Tema 21. O Fondo Monetario Internacional. Estrutura e políticas. Implicacións sobre as políticas de estabilización dos países en desenvolvemento.

Tema 22. Mercados financeiros internacionais: emisores, instrumentos e mercados de renda fixa e variable.

Tema 23. Regulación bancaria e financeira. Fundamentos económicos e evidencia empírica.

Tema 24. Economía dos países en desenvolvemento. Teorías do desenvolvemento económico.

Tema 25. O financiamento exterior do desenvolvemento económico. O problema da débeda externa. A axuda ao desenvolvemento.

Tema 26. Institucións multilaterais de financiamento e axuda ao desenvolvemento: o Grupo Banco Mundial e os bancos rexionais de desenvolvemento.

Tema 27. Economía e ambiente. Bens públicos globais.

Tema 28. Evolución e estrutura sectorial e xeográfica dos fluxos comerciais e financeiros internacionais. Os bloques comerciais e as novas áreas emerxentes no comercio internacional.

Tema 29. A OMC. Antecedentes e organización actual. O GATT e os acordos sobre o comercio de mercadorías. Situación actual.

Tema 30. A OMC. Os acordos distintos dos de mercadorías.

Tema 31. Procesos de integración non comunitarios. Organismos de cooperación internacional: a OCDE e outros organismos de cooperación.

Tema 32. As finanzas da Unión Europea e o orzamento comunitario. O marco financeiro plurianual actual.

Tema 33. A política agraria da Unión Europea. Problemas económicos e procesos de reforma. A política pesqueira común.

Tema 34. A Unión Europea: o mercado interior. O principio de libre circulación de mercadorías, servizos, persoas e capitais. A política de competencia.

Tema 35. A Unión Europea e a Cohesión Económica e Social: política rexional e reforma dos fondos estruturais. Política social e de emprego. O proceso de converxencia real na Unión Europea.

Tema 36. A Unión Europea: as políticas de transporte, enerxía, ambiente, industria e tecnoloxía, e sociedade da información.

Tema 37. A política comercial da Unión Europea.

Tema 38. Funcionamento e evolución do Sistema monetario europeo. O euro: orixe e evolución.

Tema 39. O Sistema europeo de bancos centrais e a política monetaria da Eurozona: obxectivos e instrumentos. A gobernanza económica do euro. A Unión Bancaria e outros desenvolvementos.

III. Economía española, especial referencia á economía galega (27 temas).

Tema 1. Fontes estatísticas españolas. Características, limitacións e harmonización no ámbito comunitario.

Tema 2. A agricultura e a política agraria.

Tema 3. O sector pesqueiro e acuícola.

Tema 4. O sector enerxético e a política enerxética. A minaría.

Tema 5. Evolución da industria e da política industrial, con especial referencia á peme e ao sector público empresarial. A política tecnolóxica.

Tema 6. Política ambiental.

Tema 7. Análise dos sectores da industria agroalimentaria e dos bens de consumo tradicionais.

Tema 8. Análise dos sectores de bens de equipo e de alta tecnoloxía.

Tema 9. Análise dos sectores de bens intermedios: siderurxia, química e metais no férreos. A industria do automóbil.

Tema 10. Análise do sector servizos. Características e situación actual.

Tema 11. O sector da construción. Problemas e política de vivenda e solo.

Tema 12. Estrutura e política do sector dos transportes e telecomunicacións.

Tema 13. O turismo: evolución, problemas do sector e política turística.

Tema 14. Estrutura, problemas e política do comercio interior. Os cambios na distribución comercial.

Tema 15. Políticas de liberalización da economía española. A Comisión Nacional de Mercados da Competencia (CNMC): A política de promoción e defensa da competencia.

Tema 16. O mercado de traballo. Características, funcionamento e problemas. As políticas de emprego.

Tema 17. Economía das rexións españolas: especialización rexional, converxencia real e política de desenvolvemento rexional.

Tema 18. O sistema financeiro español (I). Evolución ata a actualidade. Institucións e axentes.

Tema 19. O sistema financeiro español (II). Mercados e instrumentos.

Tema 20. O sistema financeiro español (III). Financiamento non bancario.

Tema 21. A política monetaria española e a súa evolución. Análise para o caso español dos efectos e os canais de transmisión da política monetaria do BCE. O papel do Banco de España no Eurosistema.

Tema 22. A política de cooperación ao desenvolvemento en España.

Tema 23. A política española de internacionalización: fins, instrumentos e valoración da súa efectividade.

Tema 24. Análise da evolución da balanza de pagos española. O financiamento da economía española.

Tema 25. O proceso de internacionalización (I): estrutura sectorial e xeográfica da balanza comercial e de servizos. Indicadores de competitividade.

Tema 26. O proceso de internacionalización (II): estrutura sectorial e xeográfica do investimento estranxeiro en España e do investimento español no exterior.

Tema 27. Situación económica actual e perspectivas. A converxencia nominal e real coa Unión Europea. Implicacións da pertenza de España á Unión Económica e Monetaria.

IV. Economía do sector público (27 temas).

Tema 1. O sector público: delimitación, operacións e contas principais. Comparacións internacionais.

Tema 2. Os mecanismos de decisión do sector público. Regras de votación. A democracia representativa. A produción pública e a burocracia. A constitución fiscal.

Tema 3. Conceptos e características do orzamento. Fases do proceso orzamentario. Principios clásicos do orzamento e as súas modificacións. As reformas orzamentarias máis destacadas. Especial referencia ao orzamento de base cero.

Tema 4. O orzamento como elemento de redistribución. O Estado de benestar: instrumentos, problemas e reformas. Medición e indicadores do impacto redistributivo.

Tema 5. O orzamento como elemento compensador da actividade económica. Efectos discrecionais e automáticos do orzamento. A medición do efecto macroeconómico do orzamento.

Tema 6. O gasto público. Causas do seu crecemento. O debate sobre o tamaño do sector público.

Tema 7. Análise custo-beneficio e custo-eficacia. Valoración de beneficios e custos. A taxa de desconto. A valoración do risco. Consideracións distributivas.

Tema 8. Ingresos públicos. Elementos definidores e clases de impostos. Principios impositivos.

Tema 9. Translación e incidencia dos impostos en mercados competitivos e monopolistas. Enfoques de equilibrio parcial e xeral.

Tema 10. Efecto renda e efecto substitución dos impostos. Concepto e medición do exceso de gravame.

Tema 11. Imposición e oferta. Efectos incentivo dos impostos.

Tema 12. A imposición óptima. Tipo impositivo óptimo. Regra de Ramsey. O compromiso entre eficiencia e equidade.

Tema 13. A imposición directa: teoría e comparacións internacionais.

Tema 14. A imposición indirecta: teoría e comparacións internacionais.

Tema 15. O federalismo fiscal. Financiamento das facendas territoriais.

Tema 16. A empresa pública. Políticas aplicables con especial referencia á fixación de prezos públicos.

Tema 17. A empresa pública. Razóns da súa existencia. A política de privatizacións. Comparacións internacionais.

Tema 18. A harmonización tributaria na Unión Europea. Consideración da fiscalidade do aforro, das sociedades e dos impostos indirectos.

Tema 19. O imposto sobre a renda das persoas físicas e a tributación da renda de persoas físicas non residentes en España.

Tema 20. O imposto sobre sociedades e a tributación da renda de persoas xurídicas non residentes, en España.

Tema 21. A imposición patrimonial en España: o imposto sobre o patrimonio, o imposto sobre sucesións e doazóns, o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e o imposto sobre bens inmobles.

Tema 22. A imposición indirecta en España: o IVE e os impostos especiais.

Tema 23. O gasto público en España. Análise funcional a súa valoración. O control do gasto público en España.

Tema 24. Os orzamentos xerais do Estado en España.

Tema 25. A Seguridade Social en España. Prestacións e o seu financiamento.

Tema 26. As facendas territoriais en España. Competencias e financiamento.

Tema 27. O financiamento do déficit público en España: evolución e problemas. A política do Tesouro na actualidade. Sustentabilidade do déficit público.

NOTA:

Para calquera información ou aclaración que se precise sobre esta publicación, as persoas interesadas poderán dirixirse ao CES chamando ao teléfono 981 54 16 50 ou ben á conta de correo electrónico documentacion@ces-galicia.org.