Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2017/136-1).

Expediente: IN407A 2017/136-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT Parque eólico de Muxía.

Concello: Muxía.

Feitos:

1. O 30 de agosto de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 236, do 14 de decembro de 2017, e no BOP núm. 224, do 24 de novembro.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electro técnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– (Afección 1.2) LMTA a 20 kV, de 117 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 28-38-A18-4 proxectado tipo C-14/3000 (substitúese o existente tipo HV-13/250), intercalado na LMTA POT-806 (expte. 50.600) no tramo entre a dereivada aos CT Queiroso (expte. 50.600) e Nemiña (expte. 50.600), e final no apoio nº 28-38-A18-5 tipo C-14/3000 (substitúese o existente tipo HV-13/250) intercalado na LMTA POT-806 (expte. 50.600) onde se realiza a derivación ao CT particular Nemiña Aserradero (15PJE2).

– (Afección 1.4) LMTS a 20 kV, de 386 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2  Al, con orixe no paso A/S do apoio nº 28-38-A17-29 proxectado tipo C-14/3000 (substitúe o existente situado nas proximidades) da LMT POT-806 (expte. 50.600), situado no tramo entre a derivada ao CT Martineto (expte. 432/06) e o CT Cuño (expte. 50.600) e final no paso A/S do apoio nº 28-38-A17-30 tipo C-16/3000 proxectado (substitúe o existente situado nas proximidades), situado no tramo entre a derivada ao CT Martineto e o CT Cuño. Retirarase un tramo de LMTA existente LA-56 de 299 m.

– (Afección 1.7) Novas cadeas de suspensión cruzamento entre os apoios nº 28-38-A17-24 e 28-38-A17-25 existentes, no tramo existente entre a derivada ao CT Vilela (expte. 50.600) e a derivada ao CT Martineto (expte. 432/06).

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 53.837,11 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña