Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/173-1).

Expediente: IN407A 2015/173-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: anexo 1 ao proxecto de recuamento LMT MUO-806 lugar de Abelleira.

Concello: Muros.

Feitos.

1. O 28 de decembro de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

Recuamento da liña eléctrica de media tensión aérea MUO-806, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,166 km, coa orixe en apoio nº 33 proxectado que substitúe o existente da LMT. MUO-806, no tramo entre a derivada ao CT Abelleira I (expediente 33.759), e a derivada aos CT Pazo (expediente 34.837) e Priegue (expediente 251/09), condutor tipo LA-110 mm2, e final no apoio nº 35 existente da LMT. MUO-806, no tramo entre a derivada ao CT Abelleira (expediente 33.759), e a derivada aos CT Pazo (expediente 34.837) e Priegue (expediente 251/09).

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 20 de novembro de 2015.

– DOG: 17 de decembro de 2015.

– BOP: 3 de decembro de 2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 8 de marzo de 2016.

Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 4 de xaneiro de 2016 ao 12 de xaneiro de 2016.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período durante o cal se someteu ao trámite de información pública foron presentadas alegacións, das cales se deu traslado a Unión Fenosa Distribución, S.A.

• Josefa Lago Fernández, mediante escrito do 4 de xaneiro de 2016, solicita que non se autorice e achega, en síntese, o seguinte:

– Que a liña vai pasar por riba dunha casa da súa propiedade, ao cambiar o seu trazado.

– Que non trataron de negociar con ela, como é obriga da distribuidora.

En relación coas alegacións presentadas, Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou os seguintes escritos de contestación:

• Escrito do 15 de febreiro, no cal se valoran as alegación formuladas por Josefa Lago Fernández que, en síntese, manifesta o seguinte:

– Que non se varía o trazado da LMT existente.

– Que entende que a distribuidora non ten obriga de intentar chegar a acordo, aínda que neste caso se puxeron en contacto con ela.

En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. ao respecto, infórmase do seguinte:

• Non procede atender a solicitude realizada por Josefa Lago Fernández porque o trazado da liña proxectada non varía respecto ao actual.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232 do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización das instalacións non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

Resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construcción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude, á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña