Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se convoca a contratación suxeita a regulación harmonizada do servizo para desenvolvemento dunha campaña de difusión institucional das políticas sociais da Xunta de Galicia destinadas ás persoas maiores no ano 2018 (expediente 5/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259289

e) Número de expediente: 5/2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: realización dunha campaña de promoción da imaxe do colectivo de persoas maiores como «Os Maiores Activos de Galicia» e a difusión dos programas, servizos, recursos e prestacións que a Xunta de Galicia ten á súa disposición.

c) Nomenclatura CPV:

79341000 Servizos de publicidade. 79341400 Servizos de campañas de publicidade.

d) Nomenclatura CPA:

731 Servizos de publicidade.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

f) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Prazo de execución/entrega: seis (6) meses.

h) Admisión de prórroga: non.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 7.5 do índice do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado.

a) Valor estimado do contrato: 454.545,45 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si, 5 % do orzamento de licitación (xa que a contía do contrato se determina en función de prezos unitarios), IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as epígrafes F2 e F3 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Contratación e Control Económico Contractual. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 56 43 (Elías Gómez Folgoso).

– Información técnica: 981 95 73 08 (Almudena Fariña Gato).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico:

Cláusulas administrativas: centralizados.traballo@xunta.gal

Cláusulas técnicas: prensa.politicasocial@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259289

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: ata as 14.00 horas do día 19 de marzo de 2018, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas ao Servizo de Contratación e Control Económico Contractual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén se poderán enviar por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo ao Servizo de Contratación e Control Económico Contractual mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido cláusula 6.2 do PCAP (fax: 981 54 56 85/correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores, non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos números 6.3, 6.4 e 6.5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: os actos públicos de apertura dos sobres B e C efectuaranse no lugar, data e hora que se publicarán no perfil do contratante, como mínimo, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social