Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nas provincas de Ourense e Pontevedra. Tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 52-2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación, polo procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nas provincias de Ourense e Pontevedra. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 52-2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=206487

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nas provincias de Ourense e Pontevedra.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de outubro de 2017.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 586.064,00 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

Lote 1: Ourense. Deserto.

Lote 2: Pontevedra.

a) Data: 25.1.2018.

b) Contratista: Asociación Galega San Francisco (Agasfra).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 405.619,38 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social