Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018008TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 8 de xaneiro de 2018, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2018008TA-PO contra Restauración Atios, S.L., con NIF B27835669, como titular do Café Bar Falcon Crest.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Restauración Atios, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018008TA-PO.

Denunciada: Restauración Atios, S.L.

NIF: B27835669.

Enderezo: r/ Antonio Palacios, 120, O Porriño.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 3.3. En todos os establecementos en que estea autorizada a venda e subministración de produtos do tabaco, instalaranse en lugar visible carteis que, de acordo coas características que sinalen as normas autonómicas no seu respectivo ámbito territorial, informen, en castelán e nas linguas cooficiais, da prohibición de venda de tabaco aos menores de dezaoito anos e advirtan sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco.

Disposición adicional terceira. Nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 19.2.a) e d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150 €).