Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-393/2017-COP e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente
PSC-CO-393/2017-COP e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 8 de febreiro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-393/2017-COP

Mariscos A Insual, S.C.

J703897915

Resolución

Pallagueira, 38, Louro, Muros

PSC-CO-942/2017-PPM

Vasile Cristea

X0077381D

Resolución

O Portiño, s/nº, A Coruña

PSC-CO-955/2017-PRE

Javier Valdemar Lago

47371413S

Resolución

Atalaia, 83, Fisterra

PSC-CO-1087/2017-COO

Mónica González Caamaño

78789141L

Resolución

Caldebarcos, Carnota