Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1415/2017-TRA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente
PSC-CO-1415/2017-TRA e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 8 de febreiro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1415/2017-TRA

Emilio Rojo Alfeirán

32426364K

Inicio

Lg. O Castro, Barizo, Malpica de Bergantiños

PSC-CO-1438/2017-PPM

Mª Carmen Gabarri Suárez

46903555T

Inicio

O Portiño, 17, baixo, A Coruña

PSC-CO-1457/2017-TRA

Josefa Alcalde Alcalde

76496991A

Inicio

Lg. Vilanustre, Asados, 12, Rianxo

PSC-CO-14/2018-PPM

José Ramón Montero Papín

76362467Y

Inicio

Camiño da Insua, Fisterra