Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento relativo á inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (expediente 68234 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia do requirimento de documentación para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. No dito requirimento advírtese que, de non cumprilo no prazo de 10 días, se considerará que desisten da solicitude, logo da resolución de arquivo do expediente (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de xaneiro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

68234

Ana María Salazar Suárez

...386S

81753

Bruno Cabano Pérez

...149C

81843

Juan José Fernández Díaz

...913X