Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, para o desenvolvemento precomercial de tecnoloxías de xestión e seguridade do tráfico para espazos aéreos compartidos por UAV (fase solucións-Aire).

1. Entidade adxudicadora e datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: +34 981 95 70 14.

5º. Fax: +34 981 54 10 39.

6º. A información relativa ao expediente estará dispoñible para os licitadores a través das siguientes páxinas web: http://gain.xunta.es, civiluavsinitiative.com, no perfil do contratante de Gain: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante e na Plataforma de contratos públicos de Galicia: www.contratosdegalicia.es.

7º. Calquera outra información ou consulta poderá obterse mediante correo electrónico remitido a: programas.gain@xunta.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública precomercial de servizos de I+D.

b) Descrición: o obxecto da licitación é a formalización dun contrato de investigación e desenvolvemento con un ou varios operadores económicos ou agrupacións de poderes económicos para a busca de solucións innovadoras e creación de equipamentos, tecnoloxías e sistemas que embarcados nos UAV ou integrados en infraestruturas de terra permitan mellorar a resposta aos retos de seguridade na operación de UAV. Contémplase como obxecto desta convocatoria a contratación de servizos de I+D. Non se contempla a adquisición de produtos, servizos ou obras innovadores resultantes das actividades de investigación e desenvolvemento que se contraten ou xa existentes, para o que, se for o caso, se recorrerá no seu día a procedementos de contratación de innovación independente. O proceso fundaméntase na Directiva 2014/24/UE e está excluído do ámbito de aplicación da normativa en materia de contratación pública, o que supón que non estará sometido aos procedementos de contratación nela regulados.

c) División por lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 51230000 (servizos de instalación de equipamento de probas).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo.

c) Criterios de adxudicación:

Contido do programa conxunto de I+D: retos, líñas de investigación e produtos ou solucións que propón o licitador cubrir e desenvolver no marco deste contrato:

30 puntos

Amplitude da gama de produtos e alcance da resposta respecto aos retos planteados.

5 puntos

Potencial impacto a longo prazo das liñas de investigación na competitividade da área de influencia do Polo.

5 puntos

Potencial comercial dos produtos desenvolvidos e capacidade de venta da empresa ou empresas.

10 puntos

Detalle e credibilidade do avance en TRL planteado para os produtos ou solucións propostas.

10 puntos

Organización do programa conxunto de I+D:

40 puntos

Adecuación das entidades que participarán no programa conxunto de I+D proposto, organización dos traballos e potencial impacto da proposta sobre a área de influencia do Polo.

10 puntos

Adecuación e compromiso demostrado cos medios e recursos achegados para a execución do programa.

15 puntos

Grao de detalle e adecuación da planificación de proxectos, tarefas e fitos.

10 puntos

Proposta de transferencia de resultados e produtos.

5 puntos

Modelo económico-financeiro proposto:

30 puntos

Adecuación do investimento ao alcance técnico do programa proposto.

10 puntos

Valor do financiamento vinculado.

10 puntos

Valor das subcontratacións na área de influencia do Polo.

10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 5.000.000 €.

5. Orzamento da licitación: 5.000.000 €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.640.0, do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para as anualidades 2018 a 2020.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: non procede.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: volume anual de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do presente contrato, en cada un dos tres últimos exercicios. Establécese como requisito mínimo de solvencia para poder participar na fase de diálogo o seguinte: o volume de negocios antes referido deberá ser por importe igual ou superior anual de 30 millóns de euros en cada un dos tres últimos exercicios.

c) Solvencia técnica e profesional mínima: relación dos principais servizos e traballos similares ao obxecto do presente contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, daqueles. Para estes efectos, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia técnica mediante a presentación dunha relación dos proxectos ou traballos no ámbito aeroespacial en que teña participado, utilizando para iso a ficha modelo do anexo IV. As ditas fichas deberán facer referencia e clasificarse nas seguintes categorías:

a) Contratos de servizos de I+D na área aeroespacial ou similar, tanto con clientes públicos como con clientes privados.

b) Contratos de servizos de I+D na área dos UAV ou similar, tanto con clientes públicos como con clientes privados.

c) Proxectos de I+D internos no ámbito aeroespacial ou similar financiados por administracións públicas a través de convocatorias públicas de apoio a proxectos de I+D ou calquera outro instrumento de apoio público a I+D.

d) Proxectos de I+D internos de UAV ou similar financiados por administracións públicas a través de convocatorias públicas de apoio a proxectos de I+D ou calquera outro instrumento de apoio público a I+D.

Cada licitador poderá presentar un máximo de 20 referencias. De presentar máis de 20 referencias só se considerarán as 20 primeiras. Establécese como requisito mínimo de solvencia para poder participar na fase de diálogo o seguinte: deberá presentarse polo menos cinco servizos ou proxectos similares ao obxecto do presente contrato realizado nos últimos cinco anos.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data: 20 días naturais desde a publicación do anuncio no DOG.

b) Requisitos: os sinalados na cláusula C do documento regulador.

c) Lugar de presentación: Rexistro da Axencia Galega de Innovación (praza de Europa, 10-A, 6º B, 15707 Santiago de Compostela).

9. Data de envío do anuncio ao DOUE: 16.2.2018.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación