Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, mediante a modalidade de compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do servizo de solucións para a xestión e o control forestal mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Mineco Civil UAV Initiative (expediente Civil UAV Initiative fase II (RFP-B): xestión forestal, Tierra-4).

1. Entidade adxudicadora e datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: Praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: +34 981 95 70 14 - +34 981 95 70 42.

5º. Fax: +34 981 54 10 39.

6º. A información relativa ao expediente estará dispoñible para os licitadores a través das seguintes páxinas web: http://gain.xunta.es, civiluavsinitiative.com, e no perfil do contratante de Gain: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante e na Plataforma de contratos públicos de Galicia: www.contratosdegalicia.es

Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación das solicitudes de participación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.

b) Descrición: o obxecto da licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución para a xestión e control forestal a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAV e noutros vehículos, aéreos e terrestres.

c) División por lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 71355000-1 (servizos de agrimensura).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: diálogo competitivo.

c) Criterios de adxudicación: o prezo non é o único criterio de adxudicación, e todos os criterios figuran unicamente nos pregos de contratación.

4. Valor estimado do contrato: 1.425.000 €.

5. Orzamento da licitación: 1.149.500 €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.640.0, do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para as anualidades 2018 a 2020.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: volume anual de negocios por importe igual ou superior a 300.000 euros nalgún dos tres últimos exercicios concluídos.

c) Solvencia técnica e profesional mínima: relación, selada e asinada, dos principais servizos, proxectos ou traballos realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, daqueles.

Deberán acreditar tanto a solvencia económica e financeira como a solvencia técnica e profesional, nos termos e condicións establecidos na cláusula 8.2.A do documento descritivo da contratación.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data: 30 días a partir do envío do anuncio ao DOUE.

b) Requisitos: os sinalados na cláusula 7.2 do documento descritivo.

c) Lugar de presentación: Rexistro da Axencia Galega de Innovación (praza de Europa, 10-A, 6º B, 15707 Santiago de Compostela).

9. Gastos de publicidade estimados: 3.000 euros. Os gastos que orixine a publicación, por unha soa vez, dos anuncios do procedemento, nos correspondentes boletíns oficiais, serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que poida imputarse á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto.

10. Data de envío do anuncio ao DOUE: 16.2.2018.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación