Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2018 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no punto quilométrico 80 da AG-53 (clave OU/03/042.01.5.4).

Con data do 13 de febreiro de 2018, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 28 de xullo de 2017 o director da Axencia Galega de Infraestruturas resolve aprobar provisionalmente o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no p.q. 80 da AG-53, de clave: OU/03/042.01.5.4.

Segundo. Con data do 25 de setembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 182) o Anuncio do 11 de setembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no p.q. 80 da AG-53, de clave: OU/03/042.01.5.4.

Terceiro. Durante todo o trámite de información pública presentáronse informes, certificacións e alegacións, procedéndose á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e tras os informes, certificacións e alegacións presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no p.q. 80 da AG-53, de clave: OU/03/042.01.5.4, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Maside deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas