Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 702/2016).

PO procedemento ordinario 702/2016

Procedemento origen: /

Sobre ordinario

Demandante: Joaquín López Hidalgo

Procurador: Domingo Núñez Blanco

Demandados: Fogasa, Calvi Proyectos, S.L.

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 702/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín López Hidalgo contra Calvi Proyectos, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza nº 23/2018

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais) baixo o número 702/2016, en que é parte demandante Joaquín López Hidalgo, asistido pola letrada Sra. Chamadoira Betanzos e representado polo procurador dos tribunais Sr. Núñez Blanco, e son partes codemandadas a mercantil Calvi Proyectos, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei, pronuncio a presente sentenza con base nos seguintes [...]

Decido.

Que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por Joaquín López Hidalgo, asistido pola letrada Sra. Chamadoira Betanzos e representado polo procurador dos tribunais Sr. Núñez Blanco, contra a mercantil Calvi Proyectos, S.L, e contra o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno, a empresa demandada Calvi Proyectos, S.L. a aboar ao traballador demandante Joaquín López Hidalgo a cantidade de principal de 6.758,50 euros (liquidación pendente máis diferenzas salariais percibidas nos meses de agosto de 2015 a novembro de 2015, ambos os incluídos, en virtude da desagregación detallada do feito probado terceiro da presente resolución xudicial) máis a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal producido por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial en virtude dos artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que puider corresponder ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se presentará no prazo legalmente previsto de cinco días hábiles a partir do seguinte ao de notificación da presente sentenza ante este órgano de xustiza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación para tal efecto legalmente prevista e atendendo aos requisitos e presupostos legais de acordo co disposto no artigo 191, seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza