Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (912/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 912 /2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Torres Vázquez, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Patricia Torres Vázquez da súa demanda fronte a Imaro Informática, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal e Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Imaro Informática, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza