Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11107

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 655/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 655/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Rosalía Lema Arrieta contra Comedores de Obra Móviles, S.L., en que foi parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 57/2018

A Coruña, 29 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento nº 655/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Verónica Rosalía Lema Arrieta, asistida do letrado Antonio Pousa Meréns, contra Comedores de Obra Móviles, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Verónica Rosalía Lema Arrieta contra Comedores de Obra Móviles, S.L., declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 43,65 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 6.241,95 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comedores de Obra Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza