Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11070

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 17 de agosto).

O artigo 12 da Orde do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2017, establece que, de conformidade co establecido no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, as persoas beneficiarias, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así mesmo, farano na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2017 (DOG núm. 155, do 17 de agosto de 2017), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2017 (código de procedemento MT811A).

Crédito orzamentario: 300.000 euros.

Aplicacións orzamentarias: 07.03.541B.460.0, 07.03.541B.781.0, e 07.03.541B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Finalidade: Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e ao coidado dos animais de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material non funxible para a xestión e o manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados.

Entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria e importe adxudicado:

Aplicación orzamentaria/Importe adxudicado

Entidades beneficiarias

07.03 541B.460.0

07.03.541B.781.0

07.03541B.760.0

Asociación Protectora Animais do Camiño

0,00 €

728,50 €

0,00 €

Concello de Aranga

400,23 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Ourense

27.946,91 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Pontevedra

12.885,84 €

0,00 €

4.000,00 €

Concello de Ordes

2.670,74 €

0,00 €

649,00 €

Asociación Protectora de Animais Sen Fronteiras

0,00 €

1.320,00 €

0,00 €

Asociación Protectora de Animais Gatocán

0,00 €

1.500,00 €

4.000,00 €

Asociación Pro Animales Verín

0,00 €

1.500,00 €

0,00 €

Asociación Protectora de Animais Baisenpulgas

0,00 €

918,40 €

0,00 €

Asociación Protectora de Animales de Cambados

0,00 €

1.500,00 €

0,00 €

Concello de Riotorto

86,12 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Carballo

1.642,09 €

0,00 €

1.343,00 €

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

23.188,12 €

0,00 €

4.000,00 €

Concello de Guntín

321,54 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Santiago de Compostela

38.949,09 €

0,00 €

4.000,00 €

Consorcio das Mariñas

31.725,04 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Ponteareas

1.380,62 €

0,00 €

0,00 €

Sociedad Protectora de Animales y Plantas

0,00 €

1.500,00 €

4.000,00 €

Asociación Abeiro para a Protección Animal

0,00 €

1.177,78 €

0,00 €

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

0,00 €

1.500,00 €

0,00 €

Apadan - Asociación Protectora

0,00 €

572,00 €

1.443,00 €

Concello de Coirós

25.687,41 €

0,00 €

0,00 €

Concello de Cambados

33.116,25 €

0,00 €

0,00 €