Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada presentados por Unimiño, S.C.G., para unha nova explotación porcina de ceba para 5.984 animais en Monte Lodoso, no concello de Friol, provincia de Lugo (expediente 2017-IPPC-I-90).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

«Autorización ambiental integrada.

Proxecto básico e estudo de impacto ambiental.

Explotación porcina de ceba para 5.984 animales.

Peticionaria: Unimiño, S.C.G.

Localización: Monte Lodoso, Friol (Lugo)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas. O documento estará a disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-90.

Peticionaria: Unimiño, S.C.G.

CIF: F32390593.

Domicilio social: lugar Santa Cruz de Arrabaldo, s/n. Oficinas Centrais Coren, 32990 Ourense.

Localización da instalación: Monte Lodoso, 27299 Friol (Lugo). Un punto de localización da explotación porcina é o definido polas coordenadas UTM (FUSO 29, DATUM ETRS89): X: 600531, Y: 4764316.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición: o proxecto consiste na construción dunha nave con capacidade para 5.984 porcos de ceba. Nesta explotación implantarase un sistema de xestión e tratamento do xurro xerado consistente no seu almacenamento en depósitos superficiais e o seu tratamento físico mediante un separador sólido-líquido. A fracción sólida almacenarase para a súa maduración e a fracción líquida someterase a un proceso de biodepuración. Ademais, construiranse aseos e vestiarios, un almacén para instalacións e un aparcadoiro para vehículos e instalaranse silos para penso e un valado perimétrico.

Os ciclos de produción comezarán coa entrada nas naves dos leitóns cun peso aproximado de 20 kg e 2 meses de vida, estes serán criados en currais formando grupos de varios individuos onde permanecerán durante aproximadamente 110 días ata que alcancen un peso de 100-110 kg, momento no cal serán retirados da instalación para ser enviados ao matadoiro. Ao finalizar o ciclo procederase á limpeza e desinfección das instalacións.

As fraccións sólida e líquida resultantes do tratamento do xurro serán valorizadas en parcelas agrícolas.

As augas de limpeza da nave de produción e as augas dos aseos e vestiarios serán recollidas nas fosas de xurro e serán xestionadas xunto con este. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.