Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2017/X999/001250).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de novembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle que ten como obxectivos; a ordenación de volumes así como completar ou reaxustar as rasantes e as condicións de integración da edificación no seu contorno na parcela E4.1-E3 da rúa Madeira do Parque Empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade mercantil Casas Cube, S.L., segundo a documentación técnica presentada o 19 de outubro de 2017 e completada o 25 de outubro de 2017, números de rexistro de entrada 201790000002584 e 201790000002656, asinada dixitalmente polo arquitecto Eduardo Barrón de Pozo (arquitecto col. 8088 COAM).

O que se somete a información pública por un prazo dun mes en cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballo, 1 de febreiro de 2018

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde