Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11199

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ao expediente de contratación do servizo para a adxudicación do contrato da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense.

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao expediente de contratación do servizo para a adxudicación do contrato da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, que ten as seguintes características:

– Actividade a que se refire: a Axencia Galega de Infraestruturas realizará os traballos que a seguir se sinalan.

Na fase de licitación do contrato de obras:

• Elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas, incluídos os informes relativos a posibles baixas desproporcionadas.

Na fase de execución do contrato de obras:

• A dirección do contrato, como responsable del, coas facultades atribuídas polo artigo 52 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

• Sen prexuízo das funcións que correspondan ao director facultativo das obras, no suposto da existencia dunha modificación sobre o contrato de obras, a AGI, a través dos seus órganos técnicos, deberá emitir o correspondente informe técnico.

• A comprobación da implantación do proxecto.

• En relación coa tramitación das certificacións de obra e, de ser o caso, coa liquidación do contrato, sen prexuízo das funcións que ao respecto correspondan ao director facultativo, aquelas deberán ser visadas polo responsable do contrato.

Calquera outro informe de carácter técnico que en relación con este contrato de obras sexa solicitado polo órgano xestor.

Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AGI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 9 de febreiro de 2018, ata a extinción do contrato.

– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda