Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11222

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 5 de febreiro de 2018, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.

c) Dúas bolsas de formación en publicacións.

d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.

e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con discapacidade intelectual.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia